Secretaría Uvigo - A discriminación do colectivo LGTBI no mercado laboral

A discriminación do colectivo LGTBI no mercado laboral

Data de defensa22/11/2021
TitulaciónGrao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
CentroFacultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Dirección Titoría: María Belén Fernández Docampo
Tribunal Titoría: María Belén Fernández Docampo
ResumoRESUMO: A nosa Constitución recoñece como dereitos fundamentais a igualdade de trato e a protección fronte a posibles discriminacións, valores que tamén foron recoñecidos a nivel internacional. Neste traballo estudaranse os principios de igualdade e non discriminación, analizando a normativa existente, tanto a nivel interno como internacional, que garante e recoñece a igualdade de trato e non discriminación por razón de orientación sexual e identidade de xénero. Todo iso estará focalizado no contexto laboral porque aínda existe unha falta de inclusión neste mercado das persoas Lesbianas, Gais, Transexuais, Bisexuais e Intersexuais. Por esta razón, resulta primordial detectar que comportamentos e prácticas levan a cabo nas empresas, e no ámbito laboral en xeral, que infrinxen e vulneran estes dereitos.

PALABRAS CLAVE: Dereitos fundamentais, igualdade de trato, non discriminación, colectivo LGTBI, mercado laboral.
Volver