Secretaría Uvigo - O deporte dende unha perspectiva de xénero

O deporte dende unha perspectiva de xénero

Data de defensa23/11/2021
TitulaciónGrao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
CentroFacultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Dirección Titoría: María Isabel Velasco Casal
Tribunal Presidencia: Elena Martínez Hens
Vogalía: Mauricio Ruiz Ceniceros
Secretaría: María Isabel Cal Bouzada
ResumoEste Traballo Fin de Grao dedícase a analizar a participación das mulleres en todos os ámbitos deportivos para visibilizar as barreiras que tiveron, e seguen tendo, que superar día tras día, así como para promover unha maior igualdade entre ambos sexos.
Este programa estrutúrase en catro apartados: o primeiro realiza unha contextualización do papel da muller ao longo da historia; a segunda encárgase de analizar as bases teóricas e normativas nas que se sustenta o papel da muller, así como as leis que rodean o ámbito deportivo; en terceiro lugar, realízase unha análise das desigualdades existentes no deporte. Por último, expóñense as medidas e/ou organismos encamiñados a conseguir unha maior igualdade entre ambos sexos a nivel deportivo.
Palabras clave: Desigualdades / Estereotipos de xénero / deporte feminino / rol social.
Volver