Secretaría Uvigo - Nulidade contractual: Aproximación desde a xurisprudencia civil

Nulidade contractual: Aproximación desde a xurisprudencia civil

Data de defensa19/11/2021
TitulaciónGrao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
CentroFacultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Dirección Titoría: Ángel Manuel Mariño de Andrés
Tribunal Titoría: Ángel Manuel Mariño de Andrés
ResumoEste Traballo de Fin de Grao ten como principal obxectivo definir a nulidade contractual desde a xurisprudencia civil. Para iso, consultouse o Código Civil, a doutrina de diferentes autores e, particularmente, as sentenzas dos distintos órganos xurisdicionais en materia de nulidade de contratos. Deste xeito, definíronse as causas que dan lugar á nulidade dun negocio, os efectos que leva este feito, o prazo de caducidade para a acción da nulidade, o seu cómputo, a lexitimidade, etc. Pero existen outras figuras que convén definir e, sobre todo, que diferenciar con esta figura. Entre elas atópase a invalidez e a ineficacia en sentido estrito, e á súa vez, dentro da invalidez, a nulidade e a anulabilidade. Esta última diferenciación é moi importante á hora de entender o concepto de nulidade contractual. Todo iso demostrou que no Código Civil existen moitas lagoas con respecto a este tema e que, en ocasións, dita Lei xera confusión sobre as diferentes figuras que se utilizan para anular a existencia dos contratos. Ademais, concluíuse que os diversos autores teñen opinións dispares sobre os conceptos mencionados no presente traballo e, sobre todo, sobre a súa clasificación. Por este motivo, enfocouse o estudo a través da xurisprudencia.

Nulidade
Xurisprudencia
Invalidez
Ineficacia
Anulabilidade
Volver