Secretaría Uvigo - Fatores estresores no desempeño laboral do personal de enfermería recén graduado

Fatores estresores no desempeño laboral do personal de enfermería recén graduado

Data de defensa19/11/2021
TitulaciónGrao en Enfermaría
CentroEscola Universitaria de Enfermaría da Deputación Provincial de Pontevedra
Dirección Titoría: María Paz Diéguez Montes
Tribunal Titoría: María Paz Diéguez Montes
ResumoResumo
Nas últimas décadas foi crecendo o interese polo estrés mais as súas consecuencias na poboación. Máis en concreto en relación co estrés laboral. Moitas profesión, debido á súa naturaleza, están expostas a altos niveis de estrés. Entre elas atopase a profesión de enfermería.
Os enfermeiros e as enfermeiras atopanse ditos problemas dende o seu inicio nas prácticas clínicas durante os seus estudos, pero non desaparecen ao rematalos. Lonxe de isto, atopránse nunha nova situación que podería abrumalos. É por iso que os profesionais de enfermería deben coñecer os principais estresores que atoparán unha vez rematados os seus estudos.
Madiante a realización dunha revisión bibliográfica, este traballo busca atopar e definir cales serán ditos estresores. Para conseguilo realizouse unha comparación entre os estresores que afectan ós estudiantes nas súas prácticas e cales a os profesionais no seu posto de traballo. Diferenciando, desta maneira, os que se volven máis intensos unha vez iniciada a vida laboral e cales son os que gañan un novo nivel de importancia para enfermeiros e enfermeiras.
Identificaronse cinco estresores como os principais: conflito con superiores, erros no tratamento dun paciente, dificultades de traballo con compañeiros, carga laboral e a morte dun paciente.
Palabras clave
Burnout, enfermería, estresores, ?estrés laboral?, ?inserción laboral? e profesión.
Volver