Secretaría Uvigo - Disidentes, Abxectos e Dexenerados. A moda como biais de xénero

Disidentes, Abxectos e Dexenerados. A moda como biais de xénero

Data de defensa18/11/2021
TitulaciónMáster Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda
CentroFacultade de Belas Artes
Dirección Cotitoría: Marina Susana Cendán Caaveiro
Titoría: Cristina Varela Casal
Tribunal Presidencia: María Dolores Dopico Aneiros
Secretaría: Patricia Dopico Rodríguez
Vogalía: Román Padín Otero
ResumoEste proxecto busca explorar diversas manifestacións culturais en relación á identidade de xénero e ás sexualidades disidentes co obxectivo de xerar un marco para a moda e o vestir máis amplo e diverso. Para isto, abordaranse indistintamente, e de xeito interseccional, a práctica do deseño e a revisión de estudios visuais, que servirán de exemplo das posibilidades que corpo e moda poden ofrecer a modo de discurso político-social.
Propomos unha colección sobre as relacións entre xénero e sexualidade en suxeitos disidentes/ queer, que conglomera diversos elementos visuais que manifestan asociacións aos estereotipos de xénero, e que conteñen de xeito máis ou menos explícito trazos de contido sexualizador. Así, entendemos o vestiario como unha ferramenta de poder e de liberación. Considerando a moda como un artefacto constructor de identidade proponse unha serie de prendas que se amosan como insignia para a emancipación e a autonomía; empregando a reapropiación como exercicio de performatividade, presentando os corpos a modo de resposta fronte ós rexistros de múltiples violencias simbólicas que observamos na vestimenta.
-
MODA, QUEER, XÉNERO, SEXUALIDADE, CORPOS PERFORMATIVOS
Volver