Secretaría Uvigo - Godspeed

Godspeed

Data de defensa18/11/2021
TitulaciónMáster Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda
CentroFacultade de Belas Artes
Dirección Cotitoría: Ignacio Fernando Barcia Rodríguez
Titoría: Cristina Varela Casal
Tribunal Presidencia: María Dolores Dopico Aneiros
Secretaría: Patricia Dopico Rodríguez
Vogalía: Román Padín Otero
Resumo«Cando se quere matar a un home, hai que darlle no corazón».

Desde os cowboys do salvaxe oeste ás tribos Sukeban do Xapón dos 80, a fronteira da sociedade acolleu a un grupo moi concreto de persoas: eternos buscadores, viaxeiros sen destino, centauros do deserto. Esta colección pretende falar deles, do seu cinema, o seu traxecto e a súa identidade. Creando unha nova banda que siga os pasos de tantas outras, e que fale de todo o que houbo detrás. Do cabalo ata a motocicleta, do sombreiro ata o casco. John Wayne volveu, e agora está queimando roda.
Volver