Secretaría Uvigo - A tradución do cómic: análise e tradución ao español de Koulou chez les Bantu

A tradución do cómic: análise e tradución ao español de Koulou chez les Bantu

Data de defensa16/11/2021
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Francés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Javier de Agustín Guijarro
Tribunal Titoría: Javier de Agustín Guijarro
ResumoO cómic é un medio de expresión onde conflúen as imaxes e as palabras para crear conxuntamente unha historia. Desde que se popularizaron a principios do século XX, os cómics viaxaron máis aló das fronteiras lingüísticas e culturais. A súa tradución supón un gran reto para o tradutor, quen non só ten que ler e comprender o texto, senón tamén o significado das imaxes e a relación que hai entre ambos.
Este traballo non pretende descifrar todos os procesos e retos que presenta a tradución de cómics, pero si ten como obxecto penetrarse nesta modalidade e tratar de resolver os desafíos que Koulou chez les Bantu presenta.

Palabras chave: cómic, tradución, imaxe, análise.
Volver