Secretaría Uvigo - Deseño e implantación dun asistente conversacional en lingua galega para o uso en dicionarios

Deseño e implantación dun asistente conversacional en lingua galega para o uso en dicionarios

Data de defensa16/11/2021
TitulaciónMáster Universitario en Lingüística Aplicada
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Fernando Ramallo Fernández
Cotitoría: Xosé Luís Regueira Fernández
Tribunal Secretaría: Alexandre Rodríguez Guerra
Presidencia: María del Carmen Cabeza Pereiro
Vogalía: Susana Rodríguez Barcia
ResumoAs tecnoloxías lingüísticas son protagonistas no día a día da sociedade e funcionan coma un axente normalizador da lingua. No caso do galego estas ferramentas son moi escasas, case inexistentes cando falamos das tecnoloxías da fala. O presente traballo nace co obxectivo de crear unha ferramenta lingüística, un asistente conversacional, que devolve os significados, exemplos e pronuncias empregando o Dicionario da Real Academia Galega e o Dicionario de pronuncia da lingua galega. O traballo está estruturado da seguinte maneira: en primeiro lugar, unha introdución ás ferramentas lingüísticas e a presentación daquelas que existen en galego. Posteriormente, exponse a estrutura do deseño realizado nun script de Python que contén un sistema de recoñecemento de voz, Google Cloud Speech-to-Text, un chatbot adestrado en Wit.ai e un sintetizador de voz, Oddcast TTS. Finalmente, analizamos o funcionamento do asistente conversacional e os resultados obtidos na súa implantación.

Palabras clave: tecnoloxías lingüísticas, tecnoloxías da fala, recoñecemento de voz, síntese da fala, chatbot, asistente conversacional.
Volver