Secretaría Uvigo - Estudo da interacción dos receptores de antíxeno dos linfocitos B (BCR) e dos anticorpos cos seus antíxenos en condicións 2D e 3D.

Estudo da interacción dos receptores de antíxeno dos linfocitos B (BCR) e dos anticorpos cos seus antíxenos en condicións 2D e 3D.

Data de defensa18/11/2021
TitulaciónGrao en Bioloxía
CentroFacultade de Bioloxía
Dirección Titoría: Jose Manuel Faro Rivas
Tribunal Presidencia: Jesús Manuel Míguez Miramontes
Vogalía: María Paloma Morán Martínez
Secretaría: María Fuencisla Mariño Callejo
ResumoA interacción de anticorpos ou receptores de antíxenos de linfocitos B (BCR) con antíxenos pode producirse de dúas formas: soluble, con polo menos unha das moléculas (antíxeno e/ou anticorpo) libre no medio (interacción en 3 dimensións (3D)) ou con ambas moléculas en membranas celulares (interacción 2D). Diversas observacións levaron á hipótese de que durante unha resposta inmune humoral hai un proceso de selección de linfocitos B específicos de antíxeno baseado na constante de afinidade dos seus BCR polo antíxeno. En contraste cos receptores de antíxeno de linfocitos T (TCR), o efecto que a dimensionalidade das interaccións pode ter sobre as taxas de asociación e disociación e a constante de afinidade dos anticorpos e dos BCR apenas se estudou experimentalmente. Neste traballo analízanse os estudos realizados sobre as diferenzas entre as interaccións dos anticorpos ou BCR cos seus antíxenos en condicións 2D e 3D e os efectos que estas diferenzas poderían ter na captura e internalización de antíxenos por parte dos linfocitos B. A partir desta análise , estudamos se se esperan diferenzas importantes neste proceso de selección baixo dúas hipóteses alternativas: de que taxas cinéticas efectivas e as afinidades efectivas en 3D e 2D son similares, fronte á hipótese de que son diferentes.
Palabras chave: linfocito, BCR, TCR, antíxeno, catch bond.
Volver