Secretaría Uvigo - Resolución de problemas matemáticos en Educación Primaria

Resolución de problemas matemáticos en Educación Primaria

Data de defensa17/11/2021
TitulaciónGrao en Educación Primaria
CentroEscola Universitaria CEU de Maxisterio de Vigo
Dirección Titoría: Susana Álvarez Lago
Tribunal Secretaría: Alberto Santos Hermo
Presidencia: Elena Ciga Tellechea
Vogalía: Mónica Carmen Sánchez Santiago
ResumoA constante falta de interese do alumnado por aprender matemáticas e a dificultade que presenta a comprensión dos seus contidos, reclaman un cambio que afecte tanto á maneira de ensinar como de aprender esta materia nunha aula. Dende fai anos, a resolución de problemas preséntase como o eixe central da ensinanza das matemáticas. promovendo a comprensión, a análise, o razoamento, a creatividade e a aplicación fronte a memorización e mecanización de conceptos, logrando que o neno sexa o propio protagonista da súa aprendizaxe e conseguindo que descubra o verdadeiro sentido das matemáticas e a súa gran presenza na vida diaria. Así pois, é importante que un mestre de Educación Primaria coñeza que é un problema, as súas características e saiba como ensinar matemáticas a través da resolución de problemas. Isto axudaralle a que esta forma de traballar sexa unha realidade na súa aula, e non só consiga mellorar a motivación e o interese do seu alumnado por aprender matemáticas, senón tamén, mediante o desenvolvemento de estratexias e habilidades que poidan xeneralizarse máis alá do ámbito educativo, o neno logre desenvolver unha boa competencia matemática.

Palabras clave: ensinanza-aprendizaxe, matemáticas, problema, resolución de problemas
Volver