Secretaría Uvigo - Estudo de materiais e control de actitude dunha vela solar

Estudo de materiais e control de actitude dunha vela solar

Data de defensa18/11/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Aeroespacial
CentroEscola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Dirección Titoría: Daniele Tommasini
Cotitoría: Fermín Navarro Medina
Tribunal Presidencia: Humberto Javier Michinel Álvarez
Vogalía: Elena Beatriz Martín Ortega
Secretaría: María de las Nieves Lorenzo González
ResumoAs velas solares son un tema de interese na comunidade científica, trátase dunha propulsión eficiente dende o punto de vista enerxético xa que non precisan dunha fonte de enerxía interna no satélite, pois funcionan de forma pasiva coa enerxía que lles chega do sol. Ademais, son eficientes en termos de masa, a enerxía específica producida é moi superior a calqueira outra tecnoloxía propulsiva. Ata o día de hoxe desenroláronse diversas misión con velas solares como propulsión principal, destacando IKAROS como precursora en 2010, demostrando a posibilidade despregamento da vela no espacio e confirmando o empuxe que se xera coa presión de radiación solar nestes. De entre tódolos aspectos non triviais a ter en conta nun proxecto de misión con vela solar, este documento céntrase en dous: os materiais da vela e o control de actitude desta. En primeiro lugar, realízase o estudo dunha serie de materiais bidemensionais, asi como das súas combinacións, para a súa posible aplicación á fina película que forma a vela. Tras isto realízase outro estudo de materiais para escoller o mellor para as partes estructurais. Por outra banda, preséntanse varios diseños de mecanismos de sistema de control de actitude de vela solar e escóllese un para estudar a súa viabilidade nun caso concreto.
Volver