Secretaría Uvigo - Modelado 3D, simulación e ensaio da estructura dun autoxiro

Modelado 3D, simulación e ensaio da estructura dun autoxiro

Data de defensa18/11/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Aeroespacial
CentroEscola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Dirección Titoría: Ricardo Javier Bendaña Jácome
Cotitoría: Rafael Comesaña Piñeiro
Tribunal Presidencia: Humberto Javier Michinel Álvarez
Vogalía: Elena Beatriz Martín Ortega
Secretaría: María de las Nieves Lorenzo González
ResumoO obxectivo deste traballo de fin de grado é a realización dun modelado 3D dun autoxiro Sallén Aviación modelo Mach-15 para posteriormente comparalo cun modelo real e realizar un estudo das diferentes tensións e desplazamentos que aparecen ao someterse este a diferentes cargas. Para elo empregarase o aprendido nas asignaturas de Resistencia de Materiais, Mecánica de Sólidos e Estructuras Aeronáticas.

Primeiro se fará unha pequena introducción a cerca dos autoxiros e a sua historia, na que se explicarán conceptos esenciais destos aparacos e as principais características que os definen. Da igual maneira e a modo de introducci;on, plantearanse os obxectivos a cumplimentar no presente traballo de fin de grado.

En segundo lugar, farase un breve percorrido do traballo de modelado levado a cabo, presentando todas as pezas das que está composta a aeronave así como o seu posterior ensamblaxe.

Unha vez se dispón o modelo 3D, farase unha comparación deste co modelo real facendo uso da tecnoloxía láser mediante obtención dunha nube de puntos.

Finalmente realizaránse dous estudios, un análise estático do autoxiro en parada e outro en funcionamento co rotor e as palas xirando. De esta forma podemos coñecer a qué tensións está sometida a estrutura e os desplazamentos que sofren as palas nos dous escenarios plantexados. Ademais incluirase un estudo da prefuencia das palas por separado.
Volver