Secretaría Uvigo - Deseño e simulación de fuselaxe para dron de extinción de incendios.

Deseño e simulación de fuselaxe para dron de extinción de incendios.

Data de defensa18/11/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Aeroespacial
CentroEscola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Dirección Titoría: Guillermo David Rey González
Cotitoría: Fermín Navarro Medina
Tribunal Presidencia: Humberto Javier Michinel Álvarez
Vogalía: Elena Beatriz Martín Ortega
Secretaría: María de las Nieves Lorenzo González
ResumoNeste estudo, realizouse o deseño e análise do comportamento dun helicóptero dron que pode ser utilizado como apoio en misións con condicións ambientais extremas, como incendios forestais. Nestes casos, o rango de funcionamento dos compoñentes pode verse comprometido, polo que se debe garantir un equilibrio térmico que permita o seu funcionamento nun punto de traballo admisible. Para iso deseñouse unha fuselaxe pechada, obtendo as súas características aerodinámicas mediante unha simulación CFD. Seleccionáronse os compoñentes de forma que cumpran os requisitos impostos e realizouse, analíticamente, o cálculo teórico das principais velocidades características da aeronave.

Para comprobar que a fuselaxe proposta garante unha temperatura interior compatible coa electrónica seleccionada, realizouse unha análise térmica nun único nodo, tendo en conta as distintas fontes de calor e a capacidade de disipación e illamento térmico da aeronave. Estas características dependen moito dos materiais seleccionados para a súa fabricación. Estes cálculos tamén permitiron determinar o tempo máximo de permanencia da aeronave en zonas con temperaturas do aire superiores á máxima permitida pola electrónica.

Finalmente, concluíuse que, a temperaturas exteriores inferiores ás temperaturas máximas de funcionamento dos compoñentes, a aeronave pode voar sen problema, sempre que estea por encima de determinadas velocidades mínimas. Non obstante, cando se supera esa temperatura, hai que ter en conta o tempo máximo que pode soportar toda a aeronave nestas condicións.
Volver