Secretaría Uvigo - Optimización energética dunha vivenda de 103 m² e 2 plantas

Optimización energética dunha vivenda de 103 m² e 2 plantas

Data de defensa16/11/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: José Luis González Cespón
Cotitoría: Lucía Díaz Vilariño
Tribunal Secretaría: José Manuel Santos Navarro
Presidencia: Rafael Comesaña Piñeiro
Vogalía: Antonio José Vidal López
Resumo
Este traballo de fin de grado consiste no estudo energético dunha vivenda unifamiliar e as diferentes medidas aportadas para optimizar o consumo da vivenda. Para iso realízase un estudo da instalación de calefacción e unha análise da demanda energética da vivenda.
Para o estudo da calefacción realizarase en primeiro lugar unha análise da carga térmica do edifico para determinar a potencia necesaria da caldera. En segundo lugar calculásese a potencia dos radiadores e o seu colocación. Por ultimo calcúlase o tamaño das tuberías e a potencia da bomba tendo en conta as perdidas de carga nas tuberías.
De xeito análogo, realizásese unha lista das demandas energéticas dos electrodomésticos. Tamén se realizará unha redistribución do cadro eléctrico para ter unha optimización do control dos circuítos da vivenda.
Por ultimo realizarase un estudo sobre o uso da enerxía solar e ter deste xeito un sistema de enerxía híbrido que utilizaría a enerxía solar e que cubriría os picos de demanda coa enerxía da rede.
Volver