Secretaría Uvigo - Medición das condicións do aire e probas preliminares nunha bomba de calor aerotérmica.

Medición das condicións do aire e probas preliminares nunha bomba de calor aerotérmica.

Data de defensa16/11/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Jaime Sieres Atienza
Cotitoría: Ignacio Ortega Veiga
Tribunal Presidencia: Rafael Comesaña Piñeiro
Vogalía: Antonio José Vidal López
Secretaría: José Manuel Santos Navarro
ResumoNa actualidade as bombas de calor aerotérmicas para o sector doméstico adoitan ser equipos monobloque que producen auga quente ou fría (dependendo da época do ano) para acondicionar os espazos da vivenda, e intercambian calor co ambiente exterior.No momento de caracterizar o comportamento térmico global dunha bomba de calor aerotérmica, é preciso determinar a potencia térmica intercambiada ca auga e a potencia eléctrica consumida pola bomba de calor. O cociente de ambos denomínase coeficiente de operación (COP).
Para poder comparar o comportamento dunhas bombas de calor con outras é necesario poder avalialas baixo condicións de funcionamento semellantes. No caso particular dunha bomba de calor aerotérmica, requírese poder controlar o ambiente térmico no que se atopa a bomba de calor, o cal ven determinado pola temperatura seca e a humidade relativa do aire. Ademais, estas condicións deben lograrse en toda a sección de entrada de fluxo de aire á bomba de calor, reducindo na medida do posible efectos de estratificación térmica ou de variacións de humidade, que darían lugar a condicións non uniformes durante as probas.
Nos laboratorios de Máquinas e Motores Térmicos da Universidade de Vigo, disponse dun pequeno banco de ensaios para poder probar bombas de calor aerotérmicas no modo calefacción e refrixeración. O obxectivo principal do presente traballo de fin de grao é completar a instrumentación deste banco de ensaios con sensores de temperatura e humidade que permitan determinar as condicións do aire ambiente empregado para probar a bomba de calor, así como detectar situacións de non uniformidade destas variables.
Volver