Secretaría Uvigo - Análise e deseño dun motor a gasolina para un vehículo.

Análise e deseño dun motor a gasolina para un vehículo.

Data de defensa16/11/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Pablo Izquierdo Belmonte
Cotitoría: Ángel Manuel Fernández Vilán
Tribunal Secretaría: José Manuel Santos Navarro
Presidencia: Rafael Comesaña Piñeiro
Vogalía: Antonio José Vidal López
ResumoEste traballo levarase a cabo o análise e desarrollo dun motor a gasolina usando componentes de diferentes motores do grupo PSA con anos de fabricación comprendidos entre 1983 e 2003.
Para elo realizarase unha investigación e posterior selección dos componentes mais adecuados, buscando unha adaptabilidade o mais óptima posible.
En algúns deles realizaranse cálculos e modificacións necesarias para conseguir rendementos maiores cos ofrecidos de serie sen perxudicar os coeficientes de seguridade necesarios para procurar unha boa durabilidade e un correcto funcionamento.
Para os componentes de de motores con denominación ?TU?, corroborarase a adaptabilidade usando unha serie de medicións e escolleranse as partes mais adecuadas de cada motor coa finalidade de obter as mellores prestacións posibles. Nos motores con denominacións diferentes desarrollaranse con software de deseño, os acoples necesarios para a sua creación en CNC.


Unha vez levado a cabo o anteriormente descrito, procederase a súa instalación nun Peugeot 205 do ano 1991, sendo necesario para elo algunhas modificacións no vehículo para poder adaptarse o aumento de potencia que ofrecerá este novo motor en comparación co que dispoña de serie.
Dedicarase unha parte a comparación de especificacións entre ambos motores mediante unha serie de probas feitas nun banco de potencia.
Realizarase un estudio de homologación coas súas correspondentes probas e tests necesarios que permitan usar o vehículo de xeito legal e seguro pola vía pública.
Finalmente implantarase o traballo engadindo unha lista e un presuposto no que poderase ver detalladamente o coste exacto de cada un dos componentes, modificacións, axustes e mao de obra necesaria para a súa realización.
Volver