Secretaría Uvigo - Condicións e ensaios preliminares dunha bomba de calor aire-auga segundo a norma europea EN 14511:2008

Condicións e ensaios preliminares dunha bomba de calor aire-auga segundo a norma europea EN 14511:2008

Data de defensa16/11/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Jaime Sieres Atienza
Cotitoría: Ignacio Ortega Veiga
Tribunal Secretaría: José Manuel Santos Navarro
Presidencia: Rafael Comesaña Piñeiro
Vogalía: Antonio José Vidal López
ResumoO presente traballo pretende experimentar e avaliar o comportamento dunha bomba de calor aire-auga tanto en modo refrixeración como en modo calefacción en diferentes condicións ambientais. Para elo procederase ao cálculo e montaxe dunha cámara dentro da cal se situará a bomba de calor a estudiar, de xeito que se poida obter condicións climáticas normalizadas.
Nos laboratorios de Máquinas e Motores Térmicos da Universidade de Vigo disponse dun pequeno banco de ensaios para poder ensaiar bombas de calor aire-auga en modo calefacción e refrixeración. Non obstante, os ensaios se realizaron nun laboratorio onde o ambiente non estaba controlado, o que daba lugar a que as temperaturas do aire utilizado como fluído de intercambio na bomba de calor non eran controladas e variaban entre distintos ensaios. Para poder caracterizar adecuadamente a bomba de calor é necesario poder manter o ambiente en condicións controladas e, preferiblemente, en valores normalizados para que os resultados obtidos sexan comparables cos doutros equipos ensaiados en condicións similares.
Para levar a cabo este traballo, realizaranse as seguintes tarefas:
-Recompilarase toda a información relativa á bomba de calor a ensaiar en canto a dimensións, materiais e condicións de funcionamento.
-Se revisará a normativa referente a condicións e métodos de ensaio de bombas de calor que funcionan seguindo o ciclo de compresión de vapor, especialmente a normativa europea EN 14511.
-Faranse os cálculos para a montaxe dunha pequena cámara que permita albergar a bomba de calor durante o seu análise, controlando as condicións ambientais nas que traballa.
-Se realizará a montaxe e a posta en marcha de dita cámara, así como unha pequena campaña de ensaios preliminares que permitan caracterizar o funcionamento da bomba de calor e detectar deficiencias na concepción da cámara climática.
-Por último, analizarase os resultados obtidos dos ensaios realizados e extraerán as conclusións principais do traballo realizado.
Volver