Secretaría Uvigo - Deseño, modelaxe e análise en Tekla da estabilidade dunha ponte histórica de aceiro exposto ás súas cargas correspondentes.

Deseño, modelaxe e análise en Tekla da estabilidade dunha ponte histórica de aceiro exposto ás súas cargas correspondentes.

Data de defensa16/11/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Manuel Cabaleiro Núñez
Tribunal Secretaría: Adrián Pérez Riveiro
Presidencia: Pablo Izquierdo Belmonte
Vogalía: Abraham Segade Robleda
ResumoEste Traballo de Fin de Grao baséase nunha estrutura do ano 1885 destinada ao tráfico ferroviario, a cal se sitúa sobre o río Miño e conecta Ourense con Monforte de Lemos.
Actualmente, no ámbito da enxeñería e a arquitectura, utilízase a tecnoloxía LIDAR pola súa adaptabilidade e precisión milimétrica. Realizarase unha análise da ponte mediante varias nubes de puntos creadas a partir dun equipo de escaneado láser para a súa medición no programa CloudCompare. Grazas a isto pódense extraer todas as medidas necesarias da estrutura para crear o deseño 3D.
Para o deseño úsase o Tekla Structures, software BIM moi utilizado para construción co que se pode crear, administrar e compartir modelos 3D de diversos materiais. Cos valores medidos anteriormente e despois da realización de varios esbozos créase o modelo 3D, incluíndo a parte metálica da ponte e a de formigón dos piares.
Unha vez terminado o modelo, o seguinte paso será a aplicación de determinadas cargas para comprobar a estabilidade da ponte e coñecer unha situación aproximada ao comportamento da estrutura na realidade. Esta simulación ten como obxectivo corroborar a resistencia da ponte ou se esa deformación provocaría algún sinistro nela. Ademais, con estes últimos resultados pódese analizar a parte máis solicitada, posibles puntos de deterioración ou corrosións futuras e pensar en posibles solucións.
Volver