Secretaría Uvigo - Deseño dunha máquina de fabricación aditiva baseada en láser

Deseño dunha máquina de fabricación aditiva baseada en láser

Data de defensa16/11/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Antonio Riveiro Rodríguez
Cotitoría: Rafael Comesaña Piñeiro
Tribunal Secretaría: Adrián Pérez Riveiro
Presidencia: Pablo Izquierdo Belmonte
Vogalía: Abraham Segade Robleda
ResumoHoxe en día, a fabricación aditiva faise cada vez máis necesaria e decisiva no progreso no campo da fabricación. Esta técnica baséase na adición de material co obcectivo de formar novas pezas. As máquinas relacionadas con esta tecnoloxía poden empregar diferentes técnicas para a adición do material. Estas máquinas adoitan ser moi robustas e caras, polo que os usuarios que poden acceder a elas son limitadas.
O traballo presente céntrase no deseño e desenvolvemento dunha máquina de fabricación aditiva baseada en láser. Esta máquina de fabricación aditiva cumpre a mesma función que unha impresora 3D, só que funciona mediante unha técnica láser que sinteriza/funde o po metálico, obtendo así o resultado final dunha parte metálica. A dispoñibilidade destas máquinas é moi limitada, menos que as máquinas tradicionais de impresión 3D, debido aos seus altos custos. Desta forma só as grandes empresas poden permitirse o luxo de conseguilas; polo tanto o obxectivo deste traballo é deseñar un modelo accesible e baixo custo para outros tantos usuarios como sexa posible.
Describiranse tanto o propio deseño da máquina como os mecanismos implementados para o desenvolvemento da actividade que realiza. Analizaremos os custos que isto suporá e os datos máis significativos que implica o proceso.
O obxectivo deste proxecto é poder implementar estas máquinas en pequeñas industrias ou facer posible a súa adquisición por parte de particulares, participando así no desenvolvemento da tecnoloxía e continuando avanzando no campo da fabricación, garantindo que cada vez se poidan empregar estas novas técnicas para facilitar e mellorar os procesos de hoxe en día.
Volver