Secretaría Uvigo - Estudo e deseño dunha estrutura destinada a modificar o perfil dunha onda para a práctica de surf

Estudo e deseño dunha estrutura destinada a modificar o perfil dunha onda para a práctica de surf

Data de defensa18/11/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Eduardo Suárez Porto
Tribunal Secretaría: Gustavo Carlos Peláez Lourido
Presidencia: Antonio Riveiro Rodríguez
Vogalía: Marcos Meis Fernández
ResumoO tema deste proxecto é o deseño dunha estrutura que permita a modificación da ruptura dunha onda coa finalidade de que esta sexa apta para empregarse en deportes acuáticos, en concreto, surfeable. Na actualidade, estase estendendo a utilización das coñecidas como ?piscinas de ondas?. Son unha boa opción cando non hai ondas adecuadas na praia de uso habitual dos surfistas por varios motivos; a onda ten sempre a mesma forma de rotura progresiva e a mesma periodicidade. Non obstante, esta tecnoloxía é de custosa implementación e tampouco é económica a súa utilización. Chegados a este punto, debese reflexionar porque moitas veces, o mal estado dan onda nas rompentes de area non ten que ver coa mala dirección do swell ou coa súa forza senón coa morfoloxía dos fondos. O deseño da estrutura plantexada arranxaría o problema e explotaríase ao máximo a potencialidade dunha praia para a práctica de surf e, incluso, outros deportes que hoxe en día moven a moita xente e, con elo, grandes beneficios para as comunidades locais, que poden estar interesadas en investir nesta alternativa as ?piscinas de ondas?
Volver