Secretaría Uvigo - Melloras en proceso de fabricación de paneis para construcción civil

Melloras en proceso de fabricación de paneis para construcción civil

Data de defensa18/11/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Alejandro Pereira Domínguez
Tribunal Secretaría: Gustavo Carlos Peláez Lourido
Presidencia: Antonio Riveiro Rodríguez
Vogalía: Marcos Meis Fernández
ResumoO obxecto do seguinte proxecto é estudiar e analizar unha nave industrial dentro do sector da construcción industrializada que fabrica paneis modulares e prefabricados de formigón e ferro. Trátase de facer unha reforma integral para mellorar a calidade e a produtividade do produto final.

A nave actualmente ten un sistema fixo de bandexas de fabricación de paneis e a súa capacidade non permite acometer grandes proxectos nun espazo curto de tempo, porque o sistema empregado é moi manual e pouco mecanizado.

A proposta que facemos busca mecanizar todo o proceso de fabricación sustituíndo as mesas fixas por mesas móbiles, facendo así unha liña de producción con postos diferenciados. En cada posto irán incluídos os distintos robots e maquinaria pesada que é necesaria para facilitar o traballo aos operarios e axilizar así toda a elaboración dos paneis prefabricados, logrando mellores acabados no produto final.

Tamén se incluirá un forno de secado para que non sexa un ?pescozo de botella? a liña de traballo nese punto, e así conseguir que o formigón estea ben curado sen depender da temperatura ambiente existente na nave nese instante.

Coa implantación da nova maquinaria, o novo sistema de fabricación prevé mellorar en calidade e cantidade os números de fabricación tres veces máis por cada turno de traballo.
Volver