Secretaría Uvigo - Proxecto de mellora loxística dun taller de mecanizado mediante o uso de ferramentas Lean

Proxecto de mellora loxística dun taller de mecanizado mediante o uso de ferramentas Lean

Data de defensa17/11/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Organización Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Manuel Doiro Sancho
Tribunal Presidencia: Begoña Urgal González
Vogalía: José Luis González Cespón
Secretaría: Roberto Bellas Rivera
ResumoEste traballo partirá da base dunha empresa que necesita melloras tanto no seu sistema produtivo, coma na súa xestión loxística, control de stocks e almacenaxe.
O traballo desenvolverase partindo duns análises de datos e situación actuais, vendo o seu takt time a día de hoxe, o VSM e o sistema de almacenaxe entre outras cousas. En base a todos estes resultados iniciais implantaranse unha serie de melloras loxísticas e de produción co principal obxectivo de mellorar a produtividade do taller reducindo os inputs e aumentando os outputs. Para levar a cabo as melloras usaranse técnicas do Lean Manufacturing e da Xestión de Stocks.
No Lean Manufacturing contarase con técnicas como a redución de tempos de preparación o a mellora dos layouts produtivos, así como a eliminación do desperdicio e engadir valor ao produto final. Na Xestión de Stocks contaremos con novas solucións de almacenaxe e a posible implantación de zonas específicas para a entrada de materia prima e a saída do produto terminado (expedición), así como un control minucioso do stock intermedio.
Logo da implantación das melloras analizaranse os resultados obtidos e se avaliarán tanto en tempo como en coste. Aplicarase tamén seguindo as melloras, sistemas de implicación do persoal e mellora continua para buscar que os novos sistemas de produción e loxística se manteñan no tempo.
Volver