Secretaría Uvigo - Deseño dun sistema de xestión para un guindastre torre

Deseño dun sistema de xestión para un guindastre torre

Data de defensa17/11/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Manuel Pérez Cota
Tribunal Presidencia: Angel Manuel Espada Seoane
Vogalía: Juan Sáez López
Secretaría: Enrique Paz Domonte
ResumoOs guindastres torre de pluma horizontal tradicionais son gobernados mediante un mando de control que envía as ordes a través dunha mangueira de fíos conectados ó sistema de control do guindastre. Dito mando é manipulado por un operario en posesión do carne de operador de guindastres torre. O operario debe ter a habilidade de transportar as cargas coa mínima oscilación e non exceder a carga o longo da pluma entre outros riscos. Todo isto coa axuda do mando, a súa visión dende o chan e/ou a coordinación dun operario cualificado para a fixación de cargas en máquinas de izado. Aínda porriba, o fío de comunicación produce o risco de tropezo e de ser danado ou inutilizado polo paso dalgún vehículo pesado na obra.
Neste proxecto, como primeiro obxectivo, crearemos un mando que se comunique por Wifi para eliminalo fío de comunicacións das grúas tradicionais. O novo mando virá integrado cun micro-ordenador, unha batería, botóns, un joystick de tres eixos, unha pantalla que presentará os datos de posición da carga e o seu peso.
Como segundo obxectivo, controlar as oscilacións da carga. Por iso empregaremos un modelo de guindastre torre cunha pluma horizontal á que incorporaremos motores PAP para coñecer a posición e velocidade da carga e unha célula de carga para coñecelo peso dende o micro-computador. A través dos sinais recibidos do novo control, a grúa manterá a carga coas mínimas oscilacións independentemente das consignas de velocidade do control e limitará o desprazamento da carga no brazo en función do peso. A grúa coñecerá en todo momento a súa posición nos seus tres eixos e o peso que leva, estes datos enviaranse o mando para a súa posterior representación na pantalla.
Volver