Secretaría Uvigo - Interconexión de dispositivos IoT a través de SoC ESP32 para explotación avícola autoconsumo.

Interconexión de dispositivos IoT a través de SoC ESP32 para explotación avícola autoconsumo.

Data de defensa19/11/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Enrique Soto Campos
Tribunal Presidencia: Francisco Rodríguez Castro
Secretaría: Manuel Pérez Cota
Vogalía: José Jaime González-Viso Pulido
ResumoO obxectivo deste TFG é automatizar unha explotación avícola, destinado ao autoconsumo.
Con este fin, óptase por facer unha interconexión de sensores e actuadores, para permitir unha supervisión remota e o control do proceso. Para iso, implementarase unha serie de sensores, cuxas magnitudes físicas para medir ou controlar son: Temperatura, humidade relativa, luminosidade, posición da porta do recinto, nivel de comida no comedeiro e no depósito, nivel da auga no bebedeiro, etc. Opcionalmente, pode engadirse a implementación dunha cámara para supervisar o recinto.
En canto aos actuadores, preténdese actuar sobre diferentes cargas como a calefacción, iluminación, motor de control de portas e motores destinados a proporcionar comida e bebida.
A interconexión destes dispositivos farase a través do SoC (Sistema en chip) ESP32, e integrarase con internet para permitir o control e a actuación remota.
ESP32 é a denominación dunha familia de chips SoC de baixo custo e consumo de tecnoloxía Wi-Fi e Bluetooth baseada en dobre modo integrada no procesador Tensilica Xtensa LX6 de Intel.
Volver