Secretaría Uvigo - Deseño e estudo da viabilidade dun parque eólico nas Encrobas, Cerceda (A Coruña).

Deseño e estudo da viabilidade dun parque eólico nas Encrobas, Cerceda (A Coruña).

Data de defensa16/11/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Eléctrica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Cotitoría: Eloy Díaz Dorado
Titoría: Camilo José Carrillo González
Tribunal Secretaría: Xosé Manuel López Fernández
Presidencia: José Fernando Manzanedo García
Vogalía: Carlos Vilachá Pérez
ResumoNo presente Traballo de fin de Grado realizaráse o deseño e o estudo da viabilidade dun parque eólico Onshore de 27 MW no concello de Cerceda (A Coruña), preto da antiga Central Térmica de Meirama.

O obxetivo deste proxecto, ademais de adquirir os coñecementos necesarios para a súa implementación, é aproveitar os recursos eólicos da zona da antiga central térmica e avanzar cara os obxectivos do PINEC 2021-2030 (Plan Nacional de Enerxía e Clima) para obter a transición enerxética necesaria e lograr unha economía descarbonizada no ano 2050.

En primeiro lugar, realizaráse un breve estudo dos antecedentes da enerxía eólica tanto en España como en Galicia. A partir disto, unha análise da situación ideal, o recurso eólico e a elección da turbina máis axeitada entre unha serie de modelos.

Unha vez obtido o deseño do parque, procederemos ao deseño da instalación eléctrica (Media Tensión) e do sistema de evacuación (Alta Tensión), tanto o dimensionamento dos conductores como dos elementos de protección e a súa posta a terra.

Finalmente, realizaráse un estudo da viabilidade e amortización do proxecto.
Volver