Secretaría Uvigo - Proxecto de renovación da instalación de iluminación interior dun complexo hospitalario.

Proxecto de renovación da instalación de iluminación interior dun complexo hospitalario.

Data de defensa16/11/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Eléctrica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Cotitoría: Luis Rodríguez Pérez
Titoría: José Antonio Sueiro Domínguez
Tribunal Secretaría: Xosé Manuel López Fernández
Presidencia: José Fernando Manzanedo García
Vogalía: Carlos Vilachá Pérez
ResumoInaugurado o 30 de novembro de 1989, e polo tanto con tres décadas de actividade continua, o Hospital Meixoeiro e as súas instalacións poderían ser obxecto dunha renovación e modernización. Enmarcado nun plan de reformas se atoparía o presente proxecto, que pretende ser unha proposta no caso de que se levara a cabo unha renovación da instalación de alumeado interior do Hospital Meixoeiro.
Debido ás súas características, os complexos hospitalarios constitúen grandes centros de consumo enerxético e dispoñen de servicios de alta especialización e complexidade. Por iso, é de grande importancia que estean provistos de instalacións eficientes e seguras, que permitan desempeñar eficaz e satisfactoriamente as súas funcións sen supoñer un gasto elevado de recursos.
Co transcurso do tempo, as instalacións e os equipamentos sofren un deterioro asociado ao seu funcionamento normal e, polo tanto, deberán ser obxecto de renovación a longo prazo, co fin de garantir o seu óptimo funcionamento e o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa.
No presente proxecto se propón un redeseño da instalación de iluminación interior do Hospital Meixoeiro de Vigo, respectando os aspectos construtivos actuais e que contempla, ademais dos aspectos tradicionais, aqueles máis modernos que permiten optimizar o desempeño da instalación de alumeado e aumentar a súa eficiencia, control e eficacia, facendo máis económico o seu funcionamento, facilitando a súa xestión e intentando aumentar a calidade do seu servizo. Esta proposta pretende supoñer unha mellora respecto á instalación de alumeado orixinal, tanto na súa eficiencia enerxética como na súa modernización.
Este traballo inclúe o deseño, cálculo e simulación do sistema de iluminación interior, correspondente ás plantas 0 ata á 8 dos edificios principais do Hospital Meixoeiro.
Volver