Secretaría Uvigo - Deseño de liña eléctrica de media tensión para a alimentación dunha industria

Deseño de liña eléctrica de media tensión para a alimentación dunha industria

Data de defensa16/11/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Eléctrica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Antonio Fernández Otero
Tribunal Secretaría: Xosé Manuel López Fernández
Presidencia: José Fernando Manzanedo García
Vogalía: Carlos Vilachá Pérez
ResumoCa fin de conseguir o suministro eléctrico dunha nova industria, neste proxecto presentase o deseño e cálculo dunha nova liña eléctrica de media tensión, así como o dun centro de transformación no punto final desta, que permitirá servir ca tensión correcta ao punto de consumo.
A liña eléctrica descrita, terá unha tensión de funcionamento de 15 kV e estará formada por un conductor LA-56, que servirá de unión entre o punto inicial situado na subestación eléctrica Pazos de Borbén e un punto final de zona industrial ubicado en Lugar Igrexa-Amoedo, ambos dentro do término municipal Pazos de Borbén, pertencentes a provincia de Pontevedra. Desta forma a liña eléctrica, cunha lonxitude total de 4,4 Km de distancia, discurrirá por un terreo alexado de zona urbanizada (rural) e donde a súa instalación é necesaria, dada a inexistencia doutra cunhas características semellantes.
Por outro lado, o centro de transformación será de tipo caseta e permitirá obter un paso de 15 kV a 400 V para o suministro a baixa tensión necesaria. A súa ubicación encontraráse dentro da parcela da nave industrial, para así situarse o máis cerca posible do centro de consumo.
Como conclusión, este proxecto permite desenvolver os coñecementos obtidos sobre cálculo eléctrico, cálculo de liñas e sistemas eléctricos de potencia, entre outros desenvolvidos o largo do grado de Enxeñería Industrial Eléctrica.
Volver