Secretaría Uvigo - Estudo da evolución das diferentes ferramentas empregadas durante o proceso tradutolóxico por tradutores/as de España

Estudo da evolución das diferentes ferramentas empregadas durante o proceso tradutolóxico por tradutores/as de España

Data de defensa24/11/2021
TitulaciónMáster Universitario en Tradución para a Comunicación Internacional
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Ana Hermida Ruibal
Tribunal Titoría: Ana Hermida Ruibal
ResumoNo presente traballo de investigación levarase a cabo unha análise pormenorizada da evolución en canto ao uso de ferramentas informáticas no sector da tradución en toda España. Para este fin, presentaremos un breve estado da cuestión apoiándonos nos datos proporcionados pola enquisa que foi difundida por distintas institucións por todo o país. Estudiaremos como avanzou o uso das ferramentas informáticas que existen a día de hoxe, ademais de prestarnos axuda, son máis ben unha necesidade nun mundo cada vez máis globalizado e informatizado. Para estudar dita situación, centraremos a nosa atención en cales son os tipos de ferramentas que se empregan en función da fase do proceso traductolóxico na que nos atopemos. A maiores, afondaremos na importancia de coñecer ditos programas á hora de adentrarse no mundo laboral e de insertar esa aprendizaxe na formación universitaria, non tanto como unha opción senón coma unha parte fundamental do proceso traductolóxico.
Volver