Secretaría Uvigo - Peculiaridades da tradución e paratradución do mundo da banda deseñada: o caso de El Eternauta

Peculiaridades da tradución e paratradución do mundo da banda deseñada: o caso de El Eternauta

Data de defensa10/11/2021
TitulaciónMáster Universitario en Tradución para a Comunicación Internacional
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Ramón Méndez González
Tribunal Titoría: Ramón Méndez González
ResumoAínda que a primeira vista asemella non ser especialmente difícil, a tradución de banda deseñada presenta varios desafíos para quen se aventura nela. Aparentemente sinxelo na súa superficie, ou mesmo infantil ás veces, a banda deseñada presenta complexidades relacionadas coas súas temáticas e especialmente coas condicións particulares da súa produción. Entre elas, destaca a relación entre palabra e imaxe, aínda que esta non é a primeira nin a única complexidade coa que se atopa un tradutor á hora de afrontar o seu labor. Neste traballo analizaremos brevemente os problemas de tradución que atopou a tradutora de El Eternauta para a súa versión ao inglés, partindo dende o contexto da creación da obra orixinal e da súa configuración dentro do medio en Arxentina, ata o seu contexto existente no mercado de chegada, o estadounidense, no momento da súa publicación.
Volver