Secretaría Uvigo - A custodia compartida. Análise doutrinal e posicións xurisprudenciais

A custodia compartida. Análise doutrinal e posicións xurisprudenciais

Data de defensa17/11/2021
TitulaciónGrao en Dereito
CentroFacultade de Dereito
Dirección Titoría: José Abundancia Domínguez
Tribunal Secretaría: Susana Álvarez González
Presidencia: Miguel Ángel Michinel Álvarez
Vogalía: Mónica Siota Álvarez
ResumoO obxecto do presente traballo é analizar a lexislación e a xurisprudencia en España
sobre a custodia compartida. Trátase dun tema de interese xeral na sociedade, debido a que aborda cuestións relativas aos menores e incapacitados e que, dada a súa importancia, pasou por diferentes análises e interpretacións. Así pois, a custodia compartida introduciuse grazas a Lei 15/2005 do 8 de xullo e a súa regulación no Código Civil Español foi, na actualidade, mellorada en virtude da Lei 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia. Levarase a cabo un estudo da súa evolución, aspectos característicos e relevantes para adoptala, análises de sentenzas e unha comparación con aquelas Comunidades Autónomas que contan cunha regulación específica na materia.
PALABRAS CLAVE: custodia compartida, interese superior do menor, proxenitores, menores, protección, dereitos, obligacións.
Volver