Secretaría Uvigo - Analise, propostas de mellora e implantación dos cambios de formato de estoxos nunha planta de productos alimentarios

Analise, propostas de mellora e implantación dos cambios de formato de estoxos nunha planta de productos alimentarios

Data de defensa10/11/2021
TitulaciónMáster Universitario en Enxeñaría Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: José Antonio Comesaña Benavides
Tribunal Presidencia: Juan Enrique Pardo Froján
Vogalía: Jorge Cerqueiro Pequeño
Vogalía: Manuel Doiro Sancho
Vogalía: Rafael Comesaña Piñeiro
Secretaría: Pablo Izquierdo Belmonte
ResumoEste traballo de Fin de Mestrado consiste no desarroio e a posterior implantación dun proxecto de mellora continua realizado nun dos puntos do final de línea nunha planta de producción de alimentación.
O proceso de cambio de producto é un punto clave por ser unha fábrica con máis de 300 referencias de producto terminando onde durante o día prodúcense múltiples cambios, tanto na cabeceira como no final de línea. A zona de envasado da línea de estudo é sen dúbida a máis complexa do Centro Industrial, onde se producen graneles que precisan un reenvasado durante os cambios de formato.
Realízase unha breve introducción sobre os procesos de mellora continua utilizados, así como da fábrica centrándose no punto de estudo e a descripción de todas as máquinas que forman parte do proceso. A continuación, procédese a estandarizar e a aplicar a ferramenta, tendo en conta que este punto da fábrica non se estudou previamente, polo que, para a realización de este proxecto non se conta con datos de partida.
Despois de estandarizar o proceso de cambio de formato co persoal e a ruta óptima, aplícase a metodoloxía SMED para reducir as operacións externas e o tempo de operacións internas. Por último, implántase este proxecto na fábrica e obtense unha valoración económica do aforro que supón.
Volver