Secretaría Uvigo - Revisión Bibliográfica: Coidados de Enfermería en pacientes con Alzheimer

Revisión Bibliográfica: Coidados de Enfermería en pacientes con Alzheimer

Data de defensa05/11/2021
TitulaciónGrao en Enfermaría
CentroEscola Universitaria de Enfermaría Meixoeiro
Dirección Titoría: Luís Vilán Crespo
Tribunal Vogalía: María del Carmen Toucedo Estévez
Secretaría: Anthony Rostron
Presidencia: Jacinto Luis González Oya
Resumo4 palabras clave (MeSH) foron as máis empregadas Alzheimer, Nursing care, Therapy, Nursing e Dementia
No século XXI unha das enfermidades que máis presenza ten entre a poboación maior de 65 anos é a Demencia cuxa presenza é debida (no 60-70% dos casos) pola enfermidade de Alzheimer.
Esta patoloxía según fontes da OMS atópase no top 10 das principais causas de defunción no mundo e provoca nas persoas que o padecen limitacións tanto a nivel cognitivo e físico, comprometendo desta forma e alterando a calidade de vida das persoas e o seu entorno familiar.
Isto débese a que dita enfermidade dificulta a realización das actividades básicas da vida diaria (ABVD), traducíndose na necesidade por parte destas persoas de coidados permanentes.
Debido a que a enfermidade afecta tanto a parte cognitiva como á psicomotriccidade da persoa que o padece, isto desencadea a necesidade de poder ofrecer uns coidados axeitados tanto á persoa que o padece como o seu coidador, tendo unha función indispensable o persoal de enfermería no acompañamento, guía e coidados da saúde tanto do doente como do coidador.
Polo tanto, o obxectivo principal desta revisión é a de recoller información sobre a devandita enfermidade e así poder garantir da mellor maneira posible a calidade de vida das persoas que padecen Alzheimer.
Así mesmo, a metodoloxía escollida é unha Revisión Sistemática mediante a consulta de Bases de Datos(BBDD), guías, artigos e revistas.
Os resultados obtidos finalmente a través das BBDD foron de 42 documentos que se axustan ao obxectivo do traballo e pasaron os filtros aplicados.
Ademais dos resultados extraídos das BBDD tamén se empregaron 6 libros.
Para finalizar, as conclusións obtidas nestas revisión bibliográfica foron as seguintes:
- Fai falla un repositorio unificado para os coidados de enfermería que reúnan correctamente todos os coidados que se lles pode brindar ás persoas con Alzheimer
- Un maior apoio por parte de profeisonais e da sociedade cara ás terapias non farmacolóxicas
- Un aumento da bibliografía creada polo persoal de enfermería xa que, a maior parte son xeradas por outros profesionais do sector da saúde.
Volver