Secretaría Uvigo - O impacto psicosocial do cancro de mama materno en nenos.

O impacto psicosocial do cancro de mama materno en nenos.

Data de defensa05/11/2021
TitulaciónGrao en Enfermaría
CentroEscola Universitaria de Enfermaría Meixoeiro
Dirección Titoría: María Jesús Montenegro Guerrero
Tribunal Vogalía: María del Carmen Toucedo Estévez
Secretaría: Anthony Rostron
Presidencia: Jacinto Luis González Oya
ResumoIntrodución: o cancro de mama en mulleres novas é, en termos de incidencia e mortalidade, relevante en todo o mundo. O diagnóstico dunha enfermidade como esta ten un impacto negativo na vida destas mulleres e as súas familias, pois cambia completamente a rutina e a estrutura familiar. É, en numerosas ocasións, a causa da aparición de trastornos do axuste nos familiares, especialmente nos nenos.
Obxectivo: o principal obxectivo desta revisión é examinar o impacto do cancro de mama no funcionamento psicosocial dos nenos e as súas consecuencias.
Métodos: baseándose nas pautas para realizar revisións sistemáticas, buscáronse catro bases de datos electrónicas (CUIDEN, LILLACS, COCHRANE e PUBMED). Os estudos seleccionáronse a través de criterios de inclusión e exclusión e avaliáronse segundo o seu nivel de evidencia de CASPe.
Resultados: incluíronse nesta revisión: unha revisión e metaanálise sistemáticas, catro estudos de cohorte retrospectivos e un estudo de cohorte prospectivo. Cinco dos artigos estudaron directamente as consecuencias psicosociais derivadas do impacto nos nenos, mentres que o outro avalía a situación psicosocial de nais e nenos a través dun programa de rehabilitación para comprender a falta de cobertura das necesidades. Cinco estudos revelaron a relación entre enfermidades maternas e problemas de interiorización nos nenos, porén negaron a relación con problemas de exteriorización. Ningún estudo reflicte a relación entre o impacto da enfermidade e a idade. Non obstante, hai alteracións segundo o sexo. Atopáronse impedimentos e medos respecto á comunicación cos nenos nas entrevistas maternas, o que, en consecuencia, provoca a busca de información dos nenos en fontes pouco fiables. Todos os estudos coinciden en que hai poucos apoios sociais e psicolóxicos para estes nenos, a pesar das claras probas beneficiosas que isto proporcionaría.
Conclusión: a través desta revisión das experiencias dos nenos e das opinións das súas nais, compróbase que non se satisfán as necesidades psicosociais dos nenos cuxas nais están enfermas de cancro, o que fai que a vida destes nenos sufra un gran impacto. Non encontráronse resultados que afirmen a existencia de programas preventivos acesibles a tódolos nenos. Respecto as diferencias de idade, non relaciónanse co impacto na vida, mentres que a cultura e o xénero sí.
Palabras clave: ?cancro de mama materno?, ?nenos?
Volver