Secretaría Uvigo - Análisis do deterioro das mostras nun Banco de Cerebros: revisión sistemática

Análisis do deterioro das mostras nun Banco de Cerebros: revisión sistemática

Data de defensa05/11/2021
TitulaciónGrao en Enfermaría
CentroEscola Universitaria de Enfermaría Meixoeiro
Dirección Titoría: Francisco José Álvarez Aragón
Tribunal Vogalía: María del Carmen Toucedo Estévez
Secretaría: Anthony Rostron
Presidencia: Jacinto Luis González Oya
ResumoIntrodución: Os Bancos de Tecidos Neurolóxicos ou Bancos de Cerebros son "institucións",
"facilidades" ou "establecementos" que clasifican, conservan e permiten dispoñer de
material biolóxico para a investigación de enfermidades neurolóxicas e o seu obxectivo é
proporcionar mostras aos grupos de investigación. Nos últimos anos co aumento de
coñecemento sobre xenómica e proteómica, algúns destes grupos atopáronse mostras
inservibles para os seus estudos. Por diferentes razóns a calidade do material xenético e
proteínas extraídas das mostras non era suficiente, polo que algúns estudos puidéronse ver
comprometidos. Con este traballo preténdese recompilar a información dispoñible acerca
dos factores que poidan afectar á calidade das mesmas.
Obxectivo: Analizar os factores que poidan afectar á calidade das mostras dun Banco de
Cerebros
Metodoloxía: Realizouse unha revisión sistemática durante os meses de abril, maio e xuño
de 2021. A procura efectuouse nas bases de datos de ciencias da saúde PubMed,
LILACS, Cochrane Library e Coiden.
Resultados: Obtéñense 343 artigos entre as catro bases de datos que se reducen a 7
mediante criterios de inclusión e exclusión. Avaliáronse as variables PMD, estado agónico,
sexo, idade, pH, causa da morte, grupo diagnóstico, tempo de almacenamento, técnica de
corte e diferentes parámetros de eventos postmortem con respecto a diferentes medidas de
calidade de mostras de tecido neurolóxico.
Conclusión: Os cerebros mostraron menor calidade cando aumentaba a hospitalización ou a
acumulación de eventos agónicos. O PMD influíu na calidade das mostras de tecido
neurolóxico, aínda que non de maneira significativa. É moi probable que a idade de
falecemento sexa unha variable que inflúa de forma negativa na calidade das mostras do
mesmo xeito que a causa da morte.Do mesmo xeito que o xénero poida influír na calidade
das mostras aínda que non sexa en gran medida, sendo as mostras procedentes do xénero
másculino de mellor calidade. O pH inflúe na calidade das mostras de forma que conforme
aumenta o pH do tecido aumenta a súa calidade e preservación.
Palabras clave: brain bank, antemortem, postmortem, PMD
Volver