Secretaría Uvigo - Avaliación dos servizos ecosistémicos proporcionados polas bateas de mexillón na Ría de Arousa

Avaliación dos servizos ecosistémicos proporcionados polas bateas de mexillón na Ría de Arousa

Data de defensa05/11/2021
TitulaciónGrao en Ciencias do Mar
CentroFacultade de Ciencias do Mar
Dirección Titoría: Emilio Manuel Fernández Suárez
Cotitoría: Sebastián Villasante Larramendi
Tribunal Presidencia: Marta María Mato Corzón
Secretaría: Sergio Gómez Graña
Vogalía: Miguel Angel Nombela Castaño
ResumoO estudo dos servizos ecosistémicos estase a converter nunha ferramenta útil na xestión dos recursos naturais e do medio mariño, especialmente fronte a degradación dos ecosistemas debida ás actividades humanas. Nesta investigación, avaliouse a percepción dos usuarios da Ría de Arousa sobre os servizos ecosistémicos que proporcionan as bateas de mexillón, identificáronse as presións mais relevantes que estes colectivos sociais perciben e que se están a exercer sobre o ecosistema mariño das rías e determináronse os conflitos derivados da interacción entre os múltiples intereses das distintas partes que coexisten na área de estudo. O traballo baseouse na análise da percepción pública mediante entrevistas en profundidade a actores sociais representativos dos colectivos mais importantes que utilizan a zona. Os resultados mostraron que as persoas entrevistadas percibían a meirande parte dos servizos ecosistémicos que as bateas proporcionan. Observáronse discrepancias na percepción da contribución ao valor paisaxístico que aportan as bateas á Ría de Arousa entre as persoas relacionadas coas bateas e os usuarios non relacionados co sector. Analizáronse as principais presións que lle afectan á zona e os principais conflitos xerados a raíz dos diferentes usos prioritarios na ría, e concluíuse a necesidade de emprender procesos participativos que se orienten cara a superación dos conflitos identificados e aumentar os esforzos en educación e divulgación científica, especialmente a nivel local, para involucrar ás persoas fronte a degradación das bateas e do entorno ecolóxico da Ría de Arousa.
Volver