Secretaría Uvigo - Eficacia do Kinesiotape no Sindrome do Túnel Carpiano. Unha revisión sistemática.

Eficacia do Kinesiotape no Sindrome do Túnel Carpiano. Unha revisión sistemática.

Data de defensa28/10/2021
TitulaciónGrao en Fisioterapia
CentroFacultade de Fisioterapia
Dirección Titoría: Iria Da Cuña Carrera
Tribunal Presidencia: Gustavo Rodríguez Fuentes
Secretaría: Yoana González González
Vogalía: Iris Machado De Oliveira
ResumoObxectivo: Avaliar mediante unha revisión sistemática o tratamento da síndrome do túnel carpiano (CTS) mediante kinesiotape (KT) en relación coa súa eficacia e seguridade en comparación con calquera outro tratamento.
Método: ata setembro de 2021 realizouse unha revisión da literatura científica nas seguintes bases de datos especializadas en literatura científica Cochrane, Medline, PubMed e Cinahl. Ademais, realizouse unha busca manual na bibliografía dos estudos incluídos. Os artigos seleccionáronse seguindo criterios establecidos previamente. Esta información sintetizouse en táboas.
Resultados: atopáronse 52 artigos na busca, dos cales 9 cumprían os criterios de inclusión establecidos, ademais de localizar 2 artigos na busca manual. Analizan a mellora da CTS no tratamento con KT en comparación con outros tratamentos alternativos non invasivos.
Conclusións: parece que hai evidencias de que o KT pode ser unha técnica eficaz para o tratamento da CTS. Non obstante, debido ás limitacións do estudo, necesítanse máis investigacións con maior número de pacientes e seguimento a longo prazo.
Volver