Secretaría Uvigo - Etioloxía e tratamento convencional da pubalxia nos xogadores de fútbol.

Etioloxía e tratamento convencional da pubalxia nos xogadores de fútbol.

Data de defensa28/10/2021
TitulaciónGrao en Fisioterapia
CentroFacultade de Fisioterapia
Dirección Titoría: María del Rocío Abalo Núñez
Tribunal Presidencia: Gustavo Rodríguez Fuentes
Secretaría: Yoana González González
Vogalía: Iris Machado De Oliveira
ResumoIntrodución: a pubalxia é unha enfermidade inflamatoria non infecciosa. É unha lesión común no fútbol debido os repetidos golpeos de balón, cambios de ritmo, velocidade e dirección. As estruturas implicadas son o aductor longo, o recto do abdomen e a sínfise do pubis. As propostas de tratamento son moi similares na maioría dos autores, cun método conservador e un método cirúrxico.

Obxectivo: Coñecer a etioloxía da pubalxia e o tratamento convencional en xogadores de fútbol.

Material e métodos: realizouse unha busca nas bases de datos Pubmed, Medline e Sport Discus. Inclúense artigos publicados nos últimos cinco anos, en inglés ou castelán.

Resultados: aplicando os criterios de inclusión e exclusión, seleccionáronse catorce artigos, dos cales seis abordan a etioloxía da lesión e oito o tratamento.

Conclusións: Parece que a principal causa da pubalxia é o déficit de forza nos músculos aductores da cadeira. En canto ao tratamento, o exercicio terapéutico acompañado de terapia manual preséntase como o máis indicado para abordar a lesión.

Palabras chave: Etioloxía, tratamento, ingle, óso púbico e fútbol.
Volver