Secretaría Uvigo - Aplicación para a xestión do inventario e incidencias dunha PEME

Aplicación para a xestión do inventario e incidencias dunha PEME

Data de defensa25/10/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría Informática
CentroEscola Superior de Enxeñaría Informática
Dirección Titoría: Juan Francisco Gálvez Gálvez
Tribunal Titoría: Juan Francisco Gálvez Gálvez
ResumoA proposta consiste na creación dunha solución informática para o distribuidor de café "Tazas y orígenes S.L.", que permita tanto a xestión de compras e vendas de produtos, actualizando o seu stock no inventario, como a xestión das diferentes incidencias que xorden no día a día da empresa. Esta solución consiste nun ERP (Enterprise Resource Planning) desenrolado co framework Laravel, integrando diferentes tecnoloxías e outros frameworks web, tanto no lado do cliente como no do servidor.
A comunicación entre o cliente (usuario do ERP) e o servidor (a aplicación creada) establécese a través dunha conexión a internet, mediante o protocolo HTTP. A aplicación fai uso dun SGBD (Database Management System) en MySQL pra almacenar e consultar a información que necesita. Na arquitectura hai tres capas (presentación, negocio e datos) que seguen o patrón de deseño arquitectónico MVC (model-view-controller), encargado de separar a lóxica do negocio da interfaz de usuario. Emprega un protocolo cliente/servidor sen estado, grazas ao estilo de arquitectura de software REST usado no seu desenvolvemento.
As tecnoloxías empregadas no front-end do software son: VueJS, Vuetify, HTML5, CSS3, BootStrap 4.0 e jQuery. As tecnoloxías usadas no back-end son: PHP 7.0, MySQL, Axios, Pusher, JSON, XAMPP, Apache e AJAX. Por outra banda, tanto os frameworks Laravel e Livewire coma JavaScript úsanse cun desenvolvemento a través de full-stack (front-end e back-end).
A aplicación resultante, é capaz de interactuar con servizos web RESTful e ten un deseño totalmente sensible. Isto facilita a visualización nas diferentes resolucións de pantalla empregadas tanto na computadora como nos dispositivos móbiles.
Volver