Secretaría Uvigo - Análise das identidades bisexuais nas series de Netflix: achegas para a práctica educativa

Análise das identidades bisexuais nas series de Netflix: achegas para a práctica educativa

Data de defensa20/10/2021
TitulaciónGrao en Educación Social
CentroFacultade de Educación e Traballo Social
Dirección Titoría: María Victoria Carrera Fernández
Tribunal Titoría: María Victoria Carrera Fernández
ResumoO presente traballo ten por obxecto analizar a representación da bisexualidade nas series e as súas implicacións para a práctica educativa. Para iso, realizouse unha investigación cualitativa na que se analizou unha mostra de 2 series estreadas entre 2015 e 2021, dispoñibles na plataforma Netflix. Para a análise de datos creouse un guion que conta cunha serie de preguntas que pretenden dar resposta aos obxectivos propostos. Os datos foron analizados a través dunha análise de contido naturalista, resultando tres categorías primarias e chegando, nalgúns casos, a categorías de cuarto nivel de concreción. Os resultados mostran que as series analizadas transmiten os mitos e estereotipos que invisibilizan as diferentes identidades e orientacións sexuais. Así pois, reafírmase que é necesario educar desde a infancia para contribuír no cambio social e eliminar esta concepción homófoba, podendo utilizar como ferramenta series do estilo das analizadas.

Palabras chave: bisexualidade, heteronormatividade, cinema e series, mitos e estereotipos.
Volver