Secretaría Uvigo - Hábitos de alimentación e rendemento académico en educación primaria

Hábitos de alimentación e rendemento académico en educación primaria

Data de defensa20/10/2021
TitulaciónGrao en Educación Primaria
CentroFacultade de Educación e Traballo Social
Dirección Titoría: María del Pino Díaz Pereira
Tribunal Titoría: María del Pino Díaz Pereira
ResumoNa actualidade a epidemia alimenticia está á orde do día, con casos de desnutrición infantil que se ven alarmantemente superados polos numerosos casos de obesidade e sobrepeso infantil, e é posible que estes hábitos alimenticios teñan consecuencias no rendemento na aula. Neste traballo analízase mediante un procedemento de revisión sistemática da literatura o impacto dos hábitos alimenticios no rendemento académico dos  discentes. A consulta das bases de datos Dialnet, SciELO e Google Académico permitiron obter un total de 24 artigos relacionados co noso obxectivo de investigación. O método para seguir foi a análise por categorías da mostra de documentos obtida. Valórase o obxectivo, a mostra, o método, a variable independente e as conclusións. A variable independente é o hábito alimenticio e a dependente é o rendemento académico. Os resultados indican que 20 de 24 (83%) investigacións conclúen afirmando a relación entre os hábitos alimenticios e o rendemento académico. Debido a que mellores hábitos alimenticios implican mellor rendemento académico, implementar talleres escolares sobre nutrición e alimentación axudará ao alumnado e as súas familias para adoptar hábitos máis saudables e mellorar o seu rendemento. 
Volver