Secretaría Uvigo - O xénero aberto en educación e a ética do coidado

O xénero aberto en educación e a ética do coidado

Data de defensa20/10/2021
TitulaciónGrao en Educación Infantil
CentroFacultade de Educación e Traballo Social
Dirección Titoría: David Álvarez García
Tribunal Titoría: David Álvarez García
ResumoO obxectivo deste traballo é a análise da situación nas escolas en canto á igualdade de xénero. Por unha banda, desde o estudo de varias fontes, primordialmente da teoría do coidado de Nel Noddings por outra, desde a análise de casos máis concretos a partir dunha noticia sobre o xénero aberto que consiste na crianza de maneira non binaria nun mundo binario, e outras como o caso dun alumno que acudiu ao seu colexio con saia e a partir do cal se creou un movemento por mais centros co lema de ?a roupa non ten xénero?
A análise realízase cunhas bases teóricas dentro do contexto da ética e a moral, analizando supostos prácticos levados a cabo na aula, compoñentes da educación moral de Noddings aplicables ao xénero aberto, reflexionando sobre a película ?A miña vida en rosa? e tamén examinando a lei trans en España, así como un documento da UNESCO sobre a formación de profesorado na igualdade de xénero.
Tras esta análise chéganse ás conclusións obtidas deste traballo que son principalmente avogar por unha escola inclusiva desde a tese do coidado, desde as primeiras etapas educativas, onde o alumnado é máis receptivo e as bases para unha igualdade efectiva e real de xénero queden asentadas para un futuro non só polo ben das relacións nas escolas senón porque a igualdade funcione como motor de cambio para unha sociedade mellor e máis tolerante. Onde se atenda ao respecto dos dereitos humanos básicos, da globalidade, multiplicidade e diversidade na nosa sociedade polo cal o modelo e a metodoloxía para seguir debe basearse na educación integral da escola e a familia.
Volver