Secretaría Uvigo - Menores de idade e comunidade trans

Menores de idade e comunidade trans

Data de defensa20/10/2021
TitulaciónGrao en Traballo Social
CentroFacultade de Educación e Traballo Social
Dirección Titoría: María del Carmen Verde Diego
Tribunal Titoría: María del Carmen Verde Diego
ResumoNon se pode negar que nas últimas décadas acadáronse numerosas conquistas para a comunidade LGBT+ en España, como a aprobación do matrimonio igualitario ou a adopción para persoas non heterosexuais. Sen embargo, o colectivo trans segue a ter grandes frontes abertos polos que se ve obrigado a seguir loitando, provocando unha maior vulnerabilidade nas persoas menores de idade.
Este documento expón e analiza a realidade na que se ven envoltas as persoas adultas e menores de idade do colectivo trans. En primeiro lugar, realízase unha investigación teórica sobre os diversos conceptos baixo os que se desenvolve o colectivo, cómo a historia tratou ás persoas trans dende o século XX, a patoloxización e a actual loita do colectivo. En segundo lugar, engádese unha parte legal onde se recollen as diferentes normas vixentes en España e aquelas que se atopan en proceso de aprobación. Así mesmo, realízase unha argumentación teórica tratando de discernir as necesidades e inconvintes das persoas trans, facendo un maior fincapé nas menores de idade.
Palabras chave: persoas trans, colectivo trans, LGBT+, menores de idade.
Volver