Secretaría Uvigo - A intervención familiar en persoas con trastorno de conducta alimentaria: revisión sistemática

A intervención familiar en persoas con trastorno de conducta alimentaria: revisión sistemática

Data de defensa20/10/2021
TitulaciónGrao en Traballo Social
CentroFacultade de Educación e Traballo Social
Dirección Titoría: Rubén González Rodríguez
Tribunal Titoría: Rubén González Rodríguez
ResumoOs trastornos de conducta alimentaria caracterízanse por unha conducta alterada ante a inxesta alimentaria e/ou control do peso. Son alteracións específicas e severas en persoas con patróns distorsionados a hora de comer e caracterizadas polo exceso ou pola falta de comida dando resposta a un impulso psíquico. Nas personas con TCA, a familia xoga un papel fundamental tanto na aparición como no tratamento e a posterior recuperación. A presente revisión sistemática expón as evidencias existentes entre os TCA e a intervención familiar, analizando un total de 18 artigos basado na metodoloxía PRISMA. Os resultados e discusión obtidos mostran a relación entre ambos conceptos incluíndo non só a intervención cos pacientes si non coa familia como coidadores informais. Ademais, destacan os profesionais de Traballo Social que a través dunha intervención multidisciplinar acompañan os pacientes e a sus familias en todo o proceso. Estes resultados foron analizados para finalmente plasmar as conclusións do traballo.

Palabras chave: Trastornos de conducta alimentaria; Familia; Intervención social; Traballo Social; Revisión sistemática.
Volver