Secretaría Uvigo - Código de puntuación e niveles de rendemento en ximnasia rítmica

Código de puntuación e niveles de rendemento en ximnasia rítmica

Data de defensa05/10/2021
TitulaciónGrao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
CentroFacultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Dirección Titoría: María de los Ángeles Fernández Villarino
Cotitoría: Rebeca Maria Freire Maceiras
Tribunal Vogalía: Óscar García García
Presidencia: Vicente Romo Pérez
Secretaría: Uxío Pérez Rodríguez
ResumoO obxectivo deste estudo foi analizarmos se o código de puntuación permite discriminar os diferentes niveis de rendemento dos deportistas, referido tanto ás categorías coma ao tipo de competición. Para iso, analizáronse un total de 2015 exercicios de ximnasia rítmica de competición: 1236 de nivel base e 779 de nivel federado. Realizouse unha análise descritiva dos datos recollidos nos diferentes campionatos nacionais utilizando medias e desviacións típicas. Os resultados obtidos foron que o código de puntuación si discrimina os niveis de rendemento; á competición de federado obtén en todos os apartados maior puntuación fronte á de base, mentres que a cometición de base obtén maiores penalizacións fronte á competición de federado. A categoría senior da competición de base é a categoría que peores puntuacións finais obtén, mentres que, na competición de federado, ao incrementarse a idade, aumenta tamén a puntuación en todos os apartados da competición. En canto á maior diferenza nos aparatos en ambas competicións, encontrámola na cinta.
Volver