Secretaría Uvigo - Complexos de coordinación con potencial uso en terapia

Complexos de coordinación con potencial uso en terapia

Data de defensa17/09/2021
TitulaciónMáster Universitario en Investigación Química e Química Industrial
CentroFacultade de Química
Dirección Cotitoría: Ezequiel Manuel Vázquez López
Titoría: María Delfina Couce Fortúnez
Tribunal Presidencia: María Soledad García Fontán
Secretaría: Francisco Javier Pena Pereira
Vogalía: Pedro Besada Pereira
ResumoA química inorgánica biomédica é un área que experimentou grandes avances, dedicando un considerable esforzo no deseño de axentes terapéuticos e de diagnóstico.
Neste sentido e co fin de aportar novos coñecementos nesta área, propúxose para este traballo de fin de mestrado a síntese de compostos de Cu(I) con potencial actividade biolóxica, seguindo o seguinte esquema:
1) Para a obtención de complexos de Cu(I) con fórmula [Cu(L)(HL)] fíxose reaccionar acetato de Cu(II) cos ligandos (HL).
2) Os complexos co aceptor {Cu(PPh3)2}+ obtivéronse por reacción de dous precursores, [Cu(CH3CO2)(PPh₃)₂] e [Cu(NO₃)(PPh₃)₂], cos ligandos. Nesta reacción estudouse o efecto de Et3N nos produtos obtidos.
Moitos dos complexos obtivéronse como monocristais e a súa estrutura puido establecerse con difracción de raios X de monocristal.
Para levar isto a cabo, sintetizáronse como produtos de partida os ligandos, ésteres do ácido 6-mercaptonicotínico (6-TNA), e os aceptores [Cu(CH3CO2)(PPh₃)₂] e [Cu(NO₃)(PPh₃)₂] a partir do acetato e do nitrato de cobre (II), respectivamente.
Volver