Secretaría Uvigo - Estudo dos equilibrios conformacional e tautomérico de benzoilciclohexanonas substituidas

Estudo dos equilibrios conformacional e tautomérico de benzoilciclohexanonas substituidas

Data de defensa17/09/2021
TitulaciónMáster Universitario en Investigación Química e Química Industrial
CentroFacultade de Química
Dirección Titoría: María Beatriz Iglesias Antelo
Cotitoría: Patricia García Domínguez
Tribunal Presidencia: María Soledad García Fontán
Secretaría: Francisco Javier Pena Pereira
Vogalía: Pedro Besada Pereira
ResumoNeste traballo realizase o estudo do equilibrio conformacional e tautomérico de 2-benzoilciclohexanonas para-substituídas mediante un método estatístico, a partir de desprazamentos químicos, co obxectivo de comprobar se é posible determinar a cantidade (fracción molar) de cada especie nos dous equilibrios rápidos, conformacional e enólico, que presentan estes substratos.
Para levar a cabo este estudo, sintetízanse as distintas 2-benzoilciclohexanonas e asígnanse os desprazamentos químicos de 13C-RMN das súas estruturas dicetónica e enólica.
A continuación, realizase o estudo do equilibrio tautomérico a partir da integración dos espectros 1H-RMN e do equilibrio conformacional das especies cetónicas mediante constantes de acoplamento.
Seguidamente, mediante métodos mecanocuánticos, estúdase o espazo conformacional da estrutura dicetónica e das dúas estruturas enólicas de 2-benzoilciclohexanona, coa finalidade de identificar as especies máis estables. Procédese a optimización de ditas estruturas para a 2-benzoilciclohexanona e os seus derivados coa base de cálculo cc-pVDZ e calcúlanse as constantes de apantallamento con catro funcionais distintos (B3LYP, M06, PW91 e TPSS) para cada un dos mínimos identificados.
Despois diso, realízanse axustes estatísticos entre os desprazamentos químicos experimentais e as constantes de apantallamento calculadas para determinar a cantidade de cada especie nos equilibrios.
Finalmente, compróbase que os resultados obtidos se axustan a valores previsibles mediante constantes de Hammett tabuladas.
Por último, os resultados acadados por este método estatístico compáranse cos obtidos a partir da integración do espectro 1H-RMN ou do tratamento das constantes de acoplamento.
Volver