Secretaría Uvigo - Turismo cultural, novo motor de desenvolvemento turístico en España

Turismo cultural, novo motor de desenvolvemento turístico en España

Data de defensa16/09/2021
TitulaciónMáster Universitario en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde
CentroFacultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Dirección Titoría: Noelia Araújo Vila
Tribunal Presidencia: José Antonio Fraiz Brea
Vogalía: Ana Isabel Gueimonde Canto
Secretaría: Diego Rodríguez-Toubes Muñiz
ResumoO turismo cultural é unha tipoloxía turística que leva varias décadas en aumento, converténdose así nun elemento de gran relevancia para o sector turístico en xeral. Segundo os datos proporcionados pola Organización Mundial do Turismo (OMT), só no 2005, unha proporción significativa dos 800 millóns de viaxes de turistas internacionais rexistrados nese ano realizáronse por motivos culturais. Deste xeito, a importancia deste nicho de mercado para o progreso do turismo e das atraccións culturais fixo obrigatorio recoller información sobre as motivacións do turismo cultural.

Respecto de España, cómpre salientar que nos últimos anos houbo un maior interese polos eventos culturais, cada vez son máis os turistas estranxeiros atraídos polo amplo patrimonio cultural de España. O presente traballo baséase na relevancia do turismo cultural no sector e ten como obxectivo achegarse ao perfil, características, intereses e comportamento turístico dos consumidores deste tipo de turismo en España.

Palabras clave: turismo cultural, turismo de masas, patrimonio cultural, atraccións culturais, motivacións, interese, cultura.
Volver