Secretaría Uvigo - Estudo de sustentabilidade dos centros educativos do municipio de Nigrán no marco da Axenda 2030

Estudo de sustentabilidade dos centros educativos do municipio de Nigrán no marco da Axenda 2030

Data de defensa16/09/2021
TitulaciónMáster Universitario en Xestión do Desenvolvemento Sostible
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Cotitoría: María del Pilar Piñeiro García
Titoría: Miguel Enrique Rodríguez Méndez
Tribunal Vogalía: Aida Ovejero Campos
Secretaría: Ana Isabel Dopico Parada
Presidencia: María del Rocío Rodríguez Daponte
ResumoA Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura distingue a Educación para o Desenvolvemento Sostible como parte integral do cuarto Obxectivo de Desenvolvemento Sostible, relativo á educación de calidade, e unha facilitador clave dos restantes obxectivos para promover o desenvolvemento sostible. Neste sentido, o papel dos centros educativos resulta fundamental na introdución da sustentabilidade para facer fronte aos desafíos ambientais e climáticos e constituírse como motores de cambio da sociedade. Seguindo estas premisas, Teachers For Future Spain, xunto ao Concello de Nigrán, decidiron levar a cabo un estudo de sustentabilidade en oito centros educativos do municipio coa fin de identificar e avaliar a súa situación actual en relación á xestión do centro, os residuos, a alimentación, a mobilidade, o consumo, a contorna escolar e o currículo. Os resultados amosan que o nivel de concienciación ambiental é medio alto e que os centros xeran unha serie de impactos sobre o medio ambiente. O estudo poderá ser tomado de referencia para planificar e implementar melloras na xestión ambiental escolar en busca de que os centros se convertan en lugares de custodia e coidado do medio ambiente en liña á consecución dos obxectivos da Axenda 2030.
Palabras chave: educación para o desenvolvemento sostible, xestión ambiental escolar, estudo de sustentabilidade
Volver