Secretaría Uvigo - Estudo de mellora de procesos nunha liña de fabricación de bombas de calor

Estudo de mellora de procesos nunha liña de fabricación de bombas de calor

Data de defensa16/09/2021
TitulaciónMáster Universitario en Dirección e Innovación da cadea de subministración
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: José Antonio Comesaña Benavides
Cotitoría: Mar Fernández Vázquez-Noguerol
Tribunal Presidencia: Jose Carlos Prado Prado
Secretaría: Jesús García Arca
Vogalía: Miguel Rodríguez García
ResumoO presente traballo fin de máster desenvolve dúas propostas de mellora nunha planta productiva de bombas de calor xeotérmicas.
- Análise, diagnóstico e mellora do proceso de rexistro de indicencias e operación de reparación asociadas aos equipos fabricados. Ata o momento, este proceso realízase mediante formatos en papel, e a información traspásase con certo atraso temporal e de forma manual ao sistema de datos. Por outra parte, o procedemento a seguir non está estandarizado. Como resultado disto, é habitual perder información relevante de trazabilidade. Por este motivo, preténdese dixitalizar e estandarizar este proceso, para así conseguir un rexistro claro e fiable das indicencias e operación de reparación de cada equipo.
- Re-cronometraxe e equilibrado dos tempos de ciclo nos postos da liña de montaxe. Nos últimos meses, o proceso produtivo sufriu una serie de cambios que suponen tanto a eliminación como a adición de novas operacións nos postos de traballo. Por este motivo, partindo do diagrama de secuencia actual, preténdese volver a cronometrar os postos afectados polos cambios para poder equilibrar os tempos de ciclo e tensar o fluxo de produción.
Volver