Secretaría Uvigo - Simulación numérica de campos magnéticos estáticos empregados en tratamentos de estimulación cerebral.

Simulación numérica de campos magnéticos estáticos empregados en tratamentos de estimulación cerebral.

Data de defensa17/09/2021
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Eduardo Suárez Porto
Tribunal Vogalía: Javier Martínez Torres
Presidencia: María Cristina Trillo Yáñez
Secretaría: María del Carmen Somoza López
ResumoExiste unha crecente inquedanza na poboación mundial acerca das enfermidades neurolóxicas que segundo estudos realizados en 2016 son a segunda causa de morte e a principal causa de incapacitacións graves de longa duración. Concretamente a epilepsia afecta a 50 millóns de persoas en todo o mundo, das cales o 80% atópanse en países en desenvolvemento. Sendo, nestes países, imposible acceder a un tratamento para entre o 80-90% da poboación.
Comprobouse que o tratamento previo con campos magnéticos estáticos (SMF) pode aumentar o limiar previo a entrar en convulsións e reducir a actividade epileptiforme. Ademais é unha alternativa barata, portátil e fácil de usar. Por todo isto é fundamental afondar nas investigacións para crear un modelo que permita estudar os efectos do devandito campo no cerebro humano co obxectivo de desenvolver unha solución segura e práctica.
Neste proxecto proponse un modelo que permite estudar a penetración do campo magnético nun cerebro humano para analizar que combinación de número e posición de imáns resulta máis efectiva. Para iso, foi mester modelar unha cabeza humana a partir de imaxes por resonancia magnética e realizáronse análise con Ansys Fluent.
Cos resultados obtidos suxírense futuras liñas de ampliación para o desenvolvemento dun casco adaptable que permita a incorporación de imáns para o seu uso como terapia non invasiva.
Volver